Publicado por: riptide | 20/05/2011

Acampada Coruña

IMG_20110519_205251IMG_20110519_210812IMG_20110519_233055IMG_20110520_004241

Acampada Coruña, a set on Flickr.

Publicado por: riptide | 30/03/2011

Charla nas Xornadas Libres do GPUL

O luns tocoume inaugurar a presente edición das Xornadas Libres organizadas polo GPUL. Para isto rematei unha charla que tiña a medias de “Introducción a Sistemas Operativos Libres” que parece que gustou, para todos aqueles que non tivesen a sorte de asistir ou que por calquera outro extraño motivo queira ver as transparencias por aqui volas deixo. Disfrutade delas.

Introduccion_a_sistemas_operativos_libres (pdf)

Publicado por: riptide | 23/10/2010

Arroutada XVII

Falta menos dunha semana para esta nova edición da Arroutada. Como nos ultimos anos e sobre todo dende hai tres, volvo a estar inmerso na organización do evento.

Nesta edición vamos intentar facer da lanparty unha festa en toda regra, evidentemente non podo adiantar nada sobre o que se vai facer, simplemente que merece a pena e que non creo que ninguen se aburra.

Dende aqui convidarvos a todos a que asistades ou que simplemente vos acerquedes de visita.

¡¡¡ E tempo de Arroutada !!!

Publicado por: riptide | 29/09/2010

Voltando a carga

Este blog comezou a sua andadura un primeiro de abril, ala polo ano 2005, e xa nin recordo con que url (supoño que con http://estadosolido.blogdns.org )

Dende aquel momento pasaria por tempos de inactividade, por etapas de abandono e por epocas nas que simplemente non existia. Hoxe remata unha desas nas que non estaba dispoñible e creo que a mais longa (máis dun ano e medio).

Tamen remata hoxe unha das “caracteristicas”: non escribia maiusculas e non poñia puntos. Creo que xa é hora de escribir de forma normal.

Preguntaredes, se é que alguen lee isto, que foi da miña vida todo este tempo. Non vou contar nada, os que queran saber que pregunten.

Outra pregunta pode ser porque retomo este blog: a resposta e sinxela: aproveitei que M$ anda a convertir os “spaces” en wordpress para coller o “mirror” que facia do blog en “spaces” e convertilo nun wordpress de seu, podia facer isto dende o blog orixinal pero resulta máis sinxelo aproveitar esta ¿oportunidade?

Como sempre pode que escriba moito ou pode que non escriba nada. Pero aqui queda isto por si me apetece escribir.

Saudos a tod@s.

Publicado por: riptide | 28/09/2010

¡hola mundo! (outra vez)

migrando os novos “spaces” de windows live

pola tarde investigarei máis o tema, pero pode que isto se convirta no meu blog de novo. :)

Publicado por: riptide | 08/03/2009

cambios, cambios

o principio (fai case catro anos e con horario) este blog estaba funcionando con drupal+apache, tempo despois deixei de ter horario e finalmente cambie de drupal a wordpress e nalgun momento de apache a cherokee

hoxe tocou un novo cambio, de cherokee a lighttpd, e parece que todo funciona correctamente

tocara outra vez que google bot e demais se pasen a actualizar as suas referencias sobre min

Publicado por: riptide | 16/01/2009

os sistemas operativos e eu

para comezar esta idea non e miña, esta sacada de aqui, pareceume unha comparacion curiosa (sistema operativo -> centro comercial), pero que non comparto na sua totalidade, vou intentar adaptala un pouco (usando o mesmo simil) o que pasa pola miña cabeza en canto a este tema

windows: dacordo en case todo co autor, pero cuns matices, no centro comercial windows as cousas funcionan dependendo de como as traten os cliente, ben e certo que o final deixaran de funcionar sexa como sexa de coidadoso o cliente

linux: o post orixinal non me cadra, e mais cando a distribucion elixida e kubuntu, o centro comercial linux e robusto e fiable, pero neste caso o cliente pode facer o que lle pete e case seguro que non pasara nada malo, de feito o cliente pode ter o centro comercial que lle pete (grande, pequeno, barroco, sobrio, facil, dificil, …) e con tendas de todo o que imaxine

mac os x: os arquitectos deste sistema operativo son da mesma escola, pero non son os mesmos que os do linux, ademais nalgun momento da construccion decidiron contratar a decoradores (que acabaron tendo o maior peso do proxecto), o centro comercial acabou sendo caro e contruido en terreos de baixas caracteristicas, por moito que na sua publicidade digan o contrario

o mellor de todo este tema e que todos os centros comerciais teñen envexa dalgun dos outros (ainda que non o admitan) e copian tendas sin que se note demasiado

e vos? que opinades do voso centro comercial?

Publicado por: riptide | 14/01/2009

renovada a web do dc-team

onte, dia 13, as 0 horas lanzabase oficialmente a nova web do dc-team, nesta nova etapa intentaremos seguir co traballo que realizaba a desaparecida partyspain, alo menos a nivel de galicia (e noroeste de españa), e tamen servir como punto de encontro entre todos os afeccionados e amigos das lanpartys

Publicado por: riptide | 26/10/2008

culleredo 2k8

a asociacion xiga, da que son vicepresidente, esta a organizar unha lanparty no concello de culleredo, o evento celebrarase do 14 o 16 de novembro e tera cabida para 100 participantes, ainda quedan por decidir alguns detalles pero as inscripcions estan abertas

Publicado por: riptide | 17/10/2008

volver a escribir

non toquei isto dende a eukal, e creo que vai sendo hora de recuperar un blog que sufrio moito abandono pola miña parte

porque volvo? e por que non, parece ser que agora teño (e terei) tempo libre e bastante en que pensar

e tempo de volver, e tempo de avanzar, e tempo de recordar e de olvidar

tempo…

Artigos anteriores »

Categorías

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.